EXPOSICIÓNS
PRESAS FÁCILES de Miguelanxo Prado
Miguelanxo Prado amósano o proceso de creación do seu novo libro Presas Fáciles, Voitres, un novo caso policial de Tabares e Sotillo. Presentación o xoves 27 de xuño ás 18 h. Con actuación en directo do Cuarteto VAGALUME.
FUNDACIÓN MANUEL MOLDES - Do 27 de xuño ao 29 de xullo.
45 AÑOS DE CÓMICS PARA SUPERVIVIENTES
A editorial LA CÚPULA cumpre 45 anos e para celebralo cóntannos a súa historia a partir de 45 cómics emblemáticos.
FACULTADE DE BELAS ARTES. Do 27 de xuño ao 20 de xullo.
DA IDEA AO CÓMIC Autores Convidados
Os autores convidados amosan paso a paso os seus métodos persoais de traballo. Unha oportunidade para descubir as distintas maneiras de facer unha BD. PRAZA DA FERRARÍA. Do 27 de xuño ao 7 de xullo.
HOMENAXE A AKIRA TORIYAMA
O alumnado de O GARAXE HERMÉTICO rende homenaxe ao creador de Songoku e Arale, cunhas versións persoais dos seus personaxes.
TEATRO PRINCIPAL. Do 27 de xuño ao 29 de xullo.
V PREMIO "O GARAXE HERMÉTICO" 2024
Ene e Alba Chan gañadoras da V edición do Premio de BD, O GARAXE HERMÉTICO, coa súa primeira obra IDOL, editado en colaboración con XERAIS. TEATRO PRINCIPAL. Do 27 de xuño ao 29 de xullo.
EXPO DOS AUTORES CONVIDADOS
Exposición dos libros dos 35 autores/as que pasarán por BDra GRÁFICA para presentar e asinar exemplares das súas obras.
TEATRO PRINCIPAL. Do 27 de xuño ao 29 de xullo.