top of page
ilustración prado web.jpg

BDra GRÁFICA

BDra GRÁFICA, festival de banda deseñada do Concello de Pontevedra, naceu o 18 de marzo (día do cómic) do 2023 baixo a dirección de Kiko da Silva. Tras unha exitosa primeira edición, decidiuse facer crecer o festival e sacalo ás rúas da cidade do Lérez. 

O obxectivo de BDra GRÁFICA é achegar á cidadanía a grande variedade de obras creadas polos autores /as da 9ª Arte.

O protagonismo será para os creadores/as, pero tamén para outras partes fundamentais do sector da BD, como son as librarías, que contarán cunha gran carpa de 30 metros na Praza da Ferraría. Onde tamén se contará cunha ampla presenza de editoriais especializadas que darán a coñecer aos lectores as súas novidades. Todo aderezado con Exposicións dos autores/as, proxeccións de cinema, conferencias, sesións de sinaturas e Xornadas Profesionais de BD. Do 27 ao 30 de xuño en Pontevedra.

bottom of page